2/05/2016

TRABALLO DE EXPRESIÓN CORPORAL BACHARELATO



Durante o mes de Febreiro e marzo practicaredes e deseñaredes actividades expresivas con ou sen base musical, utilizando o corpo como medio de comunicación e expresión creativa.

 O  proxecto estará vinculado á expresión corporal (entendida desde un concepto amplio) e a algún tema transversal que vos interese.

Os grupos dividiránse en formacions de 4, 5 e de forma excepcional (consultado previamente co profesor) 6 alumnos/as .
A duración será de tres minutos como mínimo.

Os traballos escritos serán colgados nun dos blogs de alumnos/as nunha única entrada. Esta ademas terá unha etiqueta co mesmo nome do título.

 O traballo grupal terá a seguinte estructura:

 a) TÍTULO DO TRABALLO

 b) COMPOÑENTES e FUNCIÓNS

c) TEMPORALIZACIÓN
( cando estará realizada cada unha das partes do traballo)

 d) CORPO DO TRABALLO.

 Cada compoñente terá asignada unha función na elaboración do traballo teórico, que serán:

      1. -Xustificación e Resumen do proxecto:
- Que tipo de manifestación de expresión corporal é , por qué, que características teñen ese tipo de manifestacións e exemplos similares )
 - Qué tema transversal seleccionou o meu grupo,definición e motivos da selección.
 - Resumen global do proxecto e relación de elementos materiais necesarios para a sua realización e temporalización ( datas nas que será realizada cada parte e persoas encargadas)

     1¨- Personaxes e análisis dos mesmos: características de cada un deles.Tanto dende un punto de vista externo como psicolóxico (só en grupos de 6)

      2 -Guión ou coreografía (todo aquello que se dice, se hace o sucede)

      3-Guión técnico e story board ( nos grupos de 5 o 6 cada parte será realizada por unha persoa diferente): aspectos a ter en conta na execución técnica en relación o guión e pequena narración gráfica da historia *Nos casos de coreografías que se representen en clase se comentarán co profesor as responsabilidades de cada un dos/as menbros/as

      4 -Rexistro ou posta en escea (constancia do realizado). Fotografías, presentación, vídeo...ou   realización

 e)CONCLUSIÓNS DE CADA UN/UNHA DOS/AS PARTICIPANTES (análisis do proyectado frente o resultado final):

 * Na valoración de cada unha das partes do proxecto non se terán en conta aspectos técnicos. Cada unha das fases pretende ser unha comprobación da participación de cada miembro na elaboración do proxecto común mediante o medio que él/a considere mais apropiado (escrito, imaxes, dibuxos...)

 Finalizada esta fase os alumnos realizaran unha proba escrita que pretenderá comprobar o seu grado de participación e implicacion no proxecto.

 Entre os aspectos que se terán en conta na valoración estarán:
 -Participación de forma activa nas diferentes actividades expresivas.
 -Superación de medos e inhibicións motrices.
 -Valoración positiva do uso expresivo do corpo e do movemento, aceptando da propia imaxe, tendo unha actitude desinhibida.
 -Creación dunha composición coreográfica ou expresiva colectiva incluíndo os diferentes elementos: espazo, tempo e intensidade
 -Cooperación e aceptación das funcións atribuídas dentro dunha labor de equipo.
-Creatividade
 -Orixinalidade
 -Implicación e participación na actividade expresiva
-Participación na preparación do proxecto durante as clases de educación física