5/15/2013

TRABALLO DE EXPRESIÓN CORPORAL BACHARELATO

Durante o mes de maio realizaredes un proxecto que intentará unificar os conceptos de arte e corpo ( nunha entrada anterior visteis as diferentes posibilidades que poden existir). Tedes que buscar o cómo crear un proxecto que unifique esa idea e ademais sexa capaz de relacionala cun tema transversal ( un valor o principio aceptado de forma xeral como positivo para sociedade).
 Os grupos dividiránse en formacions de 4 o 5 alumnos/as como máximo. O traballo grupal terá a seguinte estructura:

a) TÍTULO DO TRABALLO
b) COMPOÑENTES
c) TEMPORALIZACIÓN DE CADA PARTE ( cando estará realizada cada unha das partes do traballo)
d) CORPO DO TRABALLO. Cada componente terá asignada unha función na elaboración do traballo teórico, que  terá:

1 -Xustificación do proxecto e resumen:
a) que tipo de manifestación é , por qué, que características teñen ese tipo de manifestacións e exemplos similares )
b) Qué tema  transversal ha seleccionado o meu grupo,definición e  motivos da selección.

 -Resumen global do proxecto e relación de elementos materiais necesarios para a sua realización temporalización ( datas nas que será realizada cada parte e persoas encargadas)

2 -Guión (todo aquello que se dice, se hace o sucede)

3-Guión técnico e story board ( nos grupos de 5 cada unha destas partes será realizada por unha persoa): aspectos a ter en conta na execución técnica en relación o guión e representación gráfica das esceas

4 -Rexistro (constancia do realizado). Fotografías, presentación, vídeo...

e)CONCLUSIÓNS (análisis do proyectado frente o resultado final): Grupal.

Cada unha das partes permitirá valorar a implicación do/a alumno/a no proxecto grupal. Non valorarase a calidade técnica das mesmas. Só serán unha forma de contar de diferente forma (e cos medios que cada un considere mais apropiado) un mesmo proxecto.
O TRABALLO SERÁ REALIZADO NUNHA ÚNICA ENTRADA NO BLOG ASIGNADO. A Etiqueta será a do título do traballo

No hay comentarios: